domingo, 30 de enero de 2011


CHRISTOPHER GARDNER



Christopher Paul Gardner nacido o 9 de febreiro de 1954 en Milwaukee, Wisconsin, un millonario emprendedor, conferencista motivacional e filántropo. Durante os anos 80, mentres coidaba ao seu fillo Christopher, loitou a favor das persoas sen fogar nos Estados Unidos.
 
Christopher, debe gran parte do seu éxito ao estímulo proporcionado pola súa nai Betty Jean, quen o animou a crer e ter confianza en si mesmo. O propio Gardner fala dela: “Só podes depender de ti mesmo, a cabalería non vai vir a rescatarte”. Daquela Gardner só tiña un fillo. Hoxe en día é pai de dous nenos: Chris Jr. e de Jacintha.

Christopher foi a inspiración para a película “ En busca de la felicidad” ( The Pursuit of Happyness) interpretada por Will Smith e gañadora dun Óscar. O guión da película é unha adaptación de memorias de Gardner.

Nelas conta as aventuras que viviu, dende ser un pai sen casa ata ser un millonario.

  • “EN BUSCA DE LA  FELICIDAD

A película “En busca de la felicidad” móstranos as numerosas dificultades que Chris Gardner viviu ao longo da súa vida.


Esta historia trata dun pai de familia que loita por sobrevivir. Para iso ten que vender numerosos escáneres de densidade ósea, que comprara anteriormente pensando que era un gran negocio.
A difícil situación económica fixo que el e a súa muller Linda, tiveran problemas ata chegar ao punto de que esta o abandonara deixando o seu fillo ao seu cargo.
Chris vese na obriga de vender rapidamente os escáneres, para poder pagar as débedas que tiña, pero iso non da resultado.
Tras buscar traballo, consegue unha práctica nunha Corredora de Bolsa para intentar mellorar a súa situación e acabar os seus estudos.                                           
Cando as cousas non podían ir peor, o dono da súa casa vótao a rúa, por non pagar o alugueiro. Estudando polas noites e traballando polo día, Chris consegue o traballo que mellorara a súa vida e a do seu fillo.

Na miña opinión esta historia é impresionante xa que nos ensina a non rendernos e a loitar polo que queremos, aínda que pareza imposible, pois na vida non hai nada fácil.

Unha das cousas  que máis me gustou, foi cando se encontraban na pista de baloncesto e el lle di ao fillo que non permita que ninguén lle diga que non pode facer algo, porque os que lle din iso son os que cren en realidade que non o poden facer.

Tamén me chamou moito a atención como Chris loita por darlle unha boa vida ao seu fillo, mentres a nai desaparece sen pensar nel, deixando que o pai cargue con toda a responsabilidade. Aínda que penso que para el sería máis difícil asumir esta situación tendo ao seu fillo lonxe, pois prefería pasar sen comer por darlle ao seu fillo.

Finalmente dicir, que merece a pena ver esta película pois ensínanos grandes leccións e modos de vida, que aínda que pareza que non teñen nada que ver connosco, na actualidade están a suceder continuamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario