sábado, 8 de enero de 2011


E TÍ…QUE OPINAS?
 
Na miña opinión se tivese un fillo/a, aconsellaríalle que crease a súa propia empresa, xa que lle permitiría acadar unha satisfacción tanto persoal como profesional. Tamén, se beneficiaría nos ingresos económicos, xa que non dependería de mandos superiores.  En ocasións, tería uns horarios flexibles,  nos que se podería tomar días libres sen renderlle contas a ninguén. 

Pero tamén tería os seus riscos, xa que nun segundo podería pasar  de telo todo a perdelo todo, polo que necesita unha boa administración e moita disciplina e organización.

Eu non lle aconsellaría ser funcionario porque ten unha escasa marxe de manobra por parte del e non fomentaría a flexibilidade nas tarefas.

Tampouco traballar por conta allea xa que dependería sempre do estado do mercado laboral e dependería das decisións dos superiores, polo que non podería facer nada sen consultárllelo.
Pero non vou desacreditar estes traballos, xa que tamén teñen os súas vantaxes:

Por exemplo:

*Funcionario

-       Garántese a seguridade de ter emprego
-         Tense un salario fixo
-         Hai beneficios en materia de excedencias, permisos e vacacións.

*Traballar por conta allea

-         Tense menor carga emocional, xa que non se asumen riscos operativos e financeiros dunha empresa propia.
-         Existe un elevado número de posibilidades de acceder a posicións similares no mercado.
-         Cóbranse as necesidades básicas que ten o traballador.

Aínda que isto sería un consello, xa que ao final quen escollería sería o meu fillo/a.

No hay comentarios:

Publicar un comentario