FRANQUICIAS
1.-Que é unha franquicia? Quen son o franquiciado e o franquiciador?
Unha franquicia representa a autorización que se lle da a unha persoa/compañía para vender os servizos e produtos dunha empresa nun determinado lugar.
Tamén é importante dicir, que unha franquicia é un ente que mantén autonomía, é dicir, é un negocio propio que simplemente benefíciase dun sistema desenrolado e axústase a certos estándares de calidade e servizo.
Franquiciador:
É toda persoa física ou xurídica que levou a cabo un negocio baixo un método determinado, referente a un produto ou servizo, e que busca a súa expansión a través da búsqueda de inversores aos que outorgará o dereito a operar a súa marca e co seu método operativo e organizativo.
El franquiciador prestará unha sistencia inicial e continuada a ditos inversores (franquiciados) a través do asesoramento, entrenamento e orientación para o desenrolo do concepto de negocio.
Franquiciado.
É toda persoa física ou xurídica que obtén o dereito a comercializar e explorar produtos ou servizos baixo técnicas uniformes e experimentadas cunha rentabilidade probada e con unha marca rexistrada.
2.-Funcionamento dunha franquicia
O sistema de franquicia está crecendo rapidamente en todos os países e se consolidou como unha fórmula de éxito en case todos os sectores do negocio. En mercados como o estadounidense calculase que alcanza o 40% do comercio minorista, mentres que en España crece a un ritmo dun 20% anual. A razón deste éxito hai que buscala en que a franquicia responde ás necesidades da empresa actual.
Nunha franquicia diferénciase un elemento importante:
- O “know-how” (saber facer): O franquiciador cede ao franquiciado os métodos para que funcione o seu negocio a cambio dunha cuota periódica chamada “royalty”.
3.-Que vantaxes e desvantaxes ten para o fanquiciado ?
- Vantaxes:
· É propietario dun negocio seguro e con resultados contrastados.
· Seguridade no aprovisionamento e vantaxes económicas de compra xa que se beneficia da economía de escala en cadea.
· Imaxe de empresa consolidada, o que proporciona maior solvencia fronte a terceiros: bancos,…
· Aínda que se trate dunha actividade local, aproveitase de campañas e estratexias de marketing a nivel nacional.
· Recibe unha formación inicial con un soporte formativo e informático permanente e acorde coas últimas técnicas.
· Reduce o risco de calquera inicio comercial, cunhas inversións económicas moi similares.
- Desvantaxes:
· Falla de coñecementos sobre os medios necesarios para determinar a bondade da cadea.
· Mala adaptación en algunhas ocasións á filosofía do franquiciador nos diferentes aspectos comerciais.
· Non ser propietario do nome e marca comercial que traballa.
· Pago de dereitos de entrada.
· Ter que abonar parte dos seus beneficios de forma permanente e puntual na maioría dos casos.
· Estar relacionado coa sorte do franquiciador, dependendo totalmente da xestión que este realice.
4.-Existen moitos tipos de franquicias. Averigua en que consisten os seguintes tipos:
Trátase do contrato máis típico e habitual de franquicias.
O franquiciador concede o dereito a explotar una soa franquicia ao franquiciado, que a explota el mesmo.
· Franquicia maestra ou máster:
concédelle a outro empresario, o máster franquiciado , o dereito a explotar e conceder franquicias nunha zona en exclusiva durante un período.
· Franquicia córner:
Un comerciante tradicional acepta destinar unha parte do seu local dunha forma exclusiva a unha determinada marca, baixo unha serie de normas.
· Franquicia de produtos:
A empresa franquiciadora é a que fabrica os produtor e é ademais propietaria da marca. Polo tanto, a marca que distribúe e a que fabrica é a mesma.
Franquicia de servizos:
O franquiciado cede o dereito a utilizar e comercializar unha fórmula ou sistema orixinal de calquera tipo de servizo con un nome xa acreditado e que demostrou a súa eficacia a nivel de aceptación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario