martes, 21 de junio de 2011


ANUNCIO FANTA (Con poco me lo monto)
 
 

  

HELLO KITTY


1.- En que consiste o negocio que escolles

Si es socio de “La Casita de Kitty” terás moitas vantaxes:

·         Recoñecemento comercial
·         Apoio publicitario
·         Análise de rentabilidade
·         Importantes descontos nos produtos
·         Personalización das tendas
·         Apoio ao escaparatismo
·         Apoio en épocas de rebaixas
·         Material publicitario
·         Asesoramento xeneral

A central aporta ao franquiciado a súa propia tenda online para    que poida xeneral negocio adicional, a través de internet.

Na compra de mercadoría aplícanse descontos dende o 6% ao 10% e facilidades de pago, 30-60 días.

 
2.- Cal é a inversión mínima

O canon de entrada que tes que entregar é de 6000€.


3.- Cales son os cobros que che fai o franquiciador?

Nesta determinada franquicia o franquiciador cóbrache:
 
·         Inversión total. Inclúe canon de entrada: 16.000€
·         Royalty:0€
·         Canon de publicidade: 0€
·         Tes axuda financeira



4.- Que esixencias che pide o franquiciador?

O franquiciador esixe que:

·         O local teña 30 metros de mínimo.
·         O local sexa comercial
·         A poboación mínima que ten que ter o lugar onde se monte esa franquicia debe de ser 18.000 persoas.








lunes, 20 de junio de 2011

FRANQUICIAS 

1.-Que é unha franquicia? Quen son o franquiciado e o franquiciador?

Unha franquicia representa a autorización que se lle da a unha persoa/compañía para vender os servizos e produtos dunha empresa nun determinado lugar.

Tamén é importante dicir, que unha franquicia é un ente que mantén autonomía, é dicir, é un negocio propio que simplemente benefíciase dun sistema desenrolado e axústase a certos estándares de calidade e servizo.


Franquiciador:
É toda persoa física ou xurídica que levou a cabo un negocio baixo un método determinado, referente a un produto ou servizo, e que busca a súa expansión a través da búsqueda de inversores aos que outorgará o dereito a operar a súa marca e co seu método operativo e organizativo.
El franquiciador prestará unha sistencia inicial e continuada a ditos inversores (franquiciados) a través do asesoramento, entrenamento e orientación para o desenrolo do concepto de negocio.

Franquiciado.
 É  toda persoa física ou xurídica que obtén o dereito a comercializar e explorar produtos ou servizos baixo técnicas uniformes e experimentadas cunha rentabilidade probada e con unha marca rexistrada.

2.-Funcionamento dunha franquicia

O sistema de franquicia está crecendo rapidamente en todos os países e se consolidou como unha fórmula de éxito en case todos os sectores do negocio. En mercados como o estadounidense calculase que alcanza o 40% do comercio minorista, mentres que en España crece a un ritmo dun 20% anual. A razón deste éxito hai que buscala en que a franquicia responde ás necesidades da empresa actual.

Nunha franquicia diferénciase un elemento importante:
-          O “know-how” (saber facer): O franquiciador cede ao franquiciado os métodos para que funcione o seu negocio a cambio dunha cuota periódica chamada “royalty”.

3.-Que vantaxes e desvantaxes ten para o fanquiciado ?

-         Vantaxes:
·         É propietario dun negocio seguro e con resultados contrastados.
·         Seguridade no aprovisionamento e vantaxes económicas de compra xa que se beneficia da economía de escala en cadea.
·         Imaxe de empresa consolidada, o que proporciona maior solvencia fronte a terceiros: bancos,…
·         Aínda que se trate dunha actividade local, aproveitase de campañas e estratexias de marketing a nivel nacional.
·         Recibe unha formación inicial con un soporte formativo e informático permanente e acorde coas últimas técnicas.
·         Reduce o risco de calquera inicio comercial, cunhas inversións económicas moi similares.

-         Desvantaxes:
·         Falla de coñecementos sobre os medios necesarios para determinar a bondade da cadea.
·         Mala adaptación en algunhas ocasións á filosofía do franquiciador nos diferentes aspectos comerciais.
·         Non ser propietario do nome e marca comercial que traballa.
·         Pago de dereitos de entrada.
·         Ter que abonar parte dos seus beneficios de forma permanente e puntual na maioría dos casos.
·         Estar relacionado coa sorte do franquiciador, dependendo totalmente da xestión que este realice.

4.-Existen moitos tipos de franquicias. Averigua en que consisten os seguintes tipos:

·         Franquicia individual

Trátase do contrato máis típico e habitual de franquicias.
O franquiciador concede o dereito a explotar una soa franquicia ao franquiciado, que a explota el mesmo.



·         Franquicia maestra ou máster:

Trátase dun tipo especial de contrato de franquicia pola que unha empresa, o máster franquiciador,
concédelle a outro empresario, o máster franquiciado , o dereito a explotar e conceder franquicias nunha zona en exclusiva durante un período.





·         Franquicia córner:

Un comerciante tradicional acepta destinar unha parte do seu local dunha forma exclusiva a unha determinada marca, baixo unha  serie de normas.


·         Franquicia de produtos:

    

      A empresa franquiciadora é a que fabrica os produtor e é ademais propietaria da marca. Polo tanto, a marca que distribúe e a que fabrica é a mesma.






Franquicia de servizos:

O franquiciado cede o dereito a utilizar e comercializar unha fórmula ou sistema orixinal de calquera tipo de servizo con un nome xa acreditado e que demostrou a súa eficacia a nivel de aceptación.


"LA BUENA SUERTE"
  •  RESUMO
Este libro cóntanos a historia de dous vellos amigos, que despois de varios anos sen verse, vólvense a reencontrar.

Trás saudarse, David empeza a contarlle a Victor os problemas que ten, pois perdera todas as riquezas que un día heredara da súa familia.
El botáballe a culpa a mala sorte que tivera na vida, pero Victor correxiuno decindo que a sorte non vén soa, se non que hai que traballala. Para que entendera o lle que quería decir, Victor contoulle unha historia que o se avó lle contara antes a el.

Esa historia trata de dous cabaleiros que se botaron a procura do Trevo de Catro Follas da Sorte Ilimitada, no Bosque Encantado no que nunca naceran.
Un dos cabaleiros, Nott, só se preocupaba en buscar a alguén que lle corroborase que nese bosque nunca podería nacer un Trevo de Catro Follas.
Falou cós que mellor o coñecían e todos chegaron a mesma conclusión, de que nunca nacera un e non ía nacer agora.
Despois de que todos lles asegurase o mesmo, Nott decidiu esperar no bosque a que chegara a noite no que o Trevo ía nacer e volver ao castelo, pero coa compaña do outro cabaleiro, pois el non quería ser a burla de todos.
O outro cabaleiro,Sid, levou a cabo outra táctica. Os habitantes do bosque contáronlle o mesmo que ao outro cabaleiro pero esta vez Sid decidiu busca a súa propia sorte.
Preparou un pedazo de terra coas condicións que debía ter para que nacese alí un Trevo de
 Catro Follas, aínda que sabía que a probabilidade de nacese alí eran poucas.
Sacou as pedras, deulle sombra e a vez sol e fixo un pequeño regato para que a agua puidera chegar.
Cando chegou a noite na que o Trevo debía nacer, comezou a chover unha especie de semillas por todo o bosque.
A noite seguinte, o seu pedazo de terra estaba cheo de Trevos de Catro Follas con Sorte Ilimitada.

Este conto fixo reflesionar a David en que ao mellor non perdera todo pola mala sorte, se non porque fixera algo malo.
  • OPINIÓN PERSOAL
O libro da Boa Sorte cóntanos como a boa sorte non existe por si soa, se non que debemos traballala para obter resultados e para que dure sempre. E decir, non debemos esperar a que a nosa sorte chegue, se non que debemos actuar en cada momento, cambiando o que cremos que non é apropiado ou levando a cabo iniciativas para pouco a pouco ir recollendo beneficios, e trás collelos seguir traballado par anon perdelos.
Así constrúese a Boa Sorte e non só a sorte, pois se un día chega a nós, durará pouco xa que non a estamos a traballar para obter beneficios.
Tamén nos reflexa que debemos defender o que pensamos, pois aínda que esteñemos equivocados debemos seguir para adiante ata darnos conta de que o mellor é un erro.

Isto pódese ver cando Sid non abandona a súa idea de que os trevos poden nacer no Bosque Encatado por primeira vez.
Como final, dicir que é un gran libro co cal se aprende pois ensinanos cousas que as veces esquecemos.
As reglas da Boa Sorte:
  • Se “deixas para mañá” a preparación das circunstancias, a Boa Sorte ao mellor nunca chegue. Crear circunstancias require dar un primeiro pasa...¡Dao hoxe!
- Esta é unha das frases que máis me gustou, pois é algo que todos fan ( eu incluída) xa que se o podemos facer mañá non o facemos hoxe.
  • Aos que se dedican a crear circunstancias, o azar non lles preocupa.
- Non debemos pensar que o azar nos vai resolver a vida, pois temos que loitar para a “sorte” realmente nos favoreza.




domingo, 15 de mayo de 2011


AS MARCAS BRANCAS

    • Que é a OCU e a que se adica?

A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) é unha asociación independente, privada e sen ánimo de lucro que forma parte de Euroconsumers, (grupo de organizacións de consumidores europeos). 


Foi fundada no ano 1976 e  sete meses despois foi legalizada como unha asociación, cuxo obxectivo é o estudo comparativo de produtos e servizos, de forma que os consumidores poidan coñecer os seus diferentes prezos e calidades así como unha mellor relación entre eles.

A OCU distribúe toda a información que se precisa nestas tres revistas: OCU-Compra Maestra, Dinero y Derechos, OCU-Salud.


  • Cres que é un labor importante?

Na miña opinión, o traballo que desenvolve é moi importante e ademais necesario, pois supervisan que non se impoñan prezos  que superen o valor real do produto que se esta a comprar.

Tamén, porque todos os consumidores teñen dereito a ser asesorados sobre as vantaxes e desvantaxes do produto e defendidos en caso de que se cometa unha estafa, como cando as grandes empresas pactan prezos para o seu propio beneficio.


·       Que son as marcas brancas?
 
As marcas brancas, tamén chamadas marcas do distribuidor, son as marcas pertencentes a unha cadea de distribución ca que se venden produtos de distintos fabricantes.  Tamén son coñecidas como “ do negocio ao cliente”.
Este nome procede dos primeiro envases que saíron ao mercado, pois todos eran de cor branca.

O obxectivo destas marcas, e conseguir a fidelidade do consumidor, para que vaia o establecemento que vaia, compre estes produtos.

As marcas brancas apareceron arredor do ano 1975, chamándose “produto libre”.
Unha das vantaxes das marcas brancas é o bo prezo dos produtos, aínda que se especula que os  controis de calidade poden ser menos rigorosos, para aforrar no custo de produción.


  • Como e por que cambiou a súa importancia no carro da compra?

As marcas brancas pretendían seducir aos  consumidores facéndolles sentir que a compra que acababan de facer compensaba en comparación con outros iguais pero de marcas de fabricantes.

Ao comezo, non eran demasiado demandadas pois comezaron cos produtos básico, como o arroz, os legumes e o leite. Pouco a pouco foron gañando territorio, xa que puxeron en marcha a fabricación doutros produtos máis frecuentes, ata chegar a ser unha dura competencia, pois o carro da compra comezouse a encher con produtos de marcas brancas e a deixar a un lado os outros.



·       Como é a campaña de Danone e como se relaciona con todo o anterior?

Danone é unha multinacional de produtos alimenticios, especializada en produtos lácteos como o iogur.
 
Foi fundada en 1919 por Isaac Carrasco e Jéssica Reig, e  ten a súa sede en París, Francia.

Ten presenza en parte de Europa e en Latinoamérica.
En España posúe a central en Barcelona , pero tamén ten fábricas en Asturias Valencia e Madrid.

Danone relaciónase coas marcas brancas, xa que durante uns anos fabricou produtos para Eroski, aínda que agora xa non o fai.
Pero, aínda que seguen dicindo que Danone non fabrica para outras marcas, si permite que unha terceira marca fabrique para ela, trátase de Goshua.

Efectos da publicidade:

  • Efecto calidade-prezo: É mellor comprar un producto caro e con maior calidade ca un barato e sen ela.
  • Efecto valor único: As vantaxes deste producto son únicas, pois non fabricas para outras marcas.
  • Efecto notoriedade dos substitutivos: Non se coñecen productos semellantes, xa que hai menos publicidade.
  • Efecto de gasto total: É mellor gastar máis diñeiro se a compra é boa.
  • Efecto de beneficio final: O consumido sae gañando.