AS MARCAS BRANCAS
- Que é a OCU e a que se adica?
A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) é unha asociación independente, privada e sen ánimo de lucro que forma parte de Euroconsumers, (grupo de organizacións de consumidores europeos).
Foi fundada no ano 1976 e sete meses despois foi legalizada como unha asociación, cuxo obxectivo é o estudo comparativo de produtos e servizos, de forma que os consumidores poidan coñecer os seus diferentes prezos e calidades así como unha mellor relación entre eles.
A OCU distribúe toda a información que se precisa nestas tres revistas: OCU-Compra Maestra, Dinero y Derechos, OCU-Salud.
- Cres que é un labor importante?
Na miña opinión, o traballo que desenvolve é moi importante e ademais necesario, pois supervisan que non se impoñan prezos que superen o valor real do produto que se esta a comprar.
Tamén, porque todos os consumidores teñen dereito a ser asesorados sobre as vantaxes e desvantaxes do produto e defendidos en caso de que se cometa unha estafa, como cando as grandes empresas pactan prezos para o seu propio beneficio.
· Que son as marcas brancas?
As marcas brancas, tamén chamadas marcas do distribuidor, son as marcas pertencentes a unha cadea de distribución ca que se venden produtos de distintos fabricantes. Tamén son coñecidas como “ do negocio ao cliente”.
Este nome procede dos primeiro envases que saíron ao mercado, pois todos eran de cor branca.
O obxectivo destas marcas, e conseguir a fidelidade do consumidor, para que vaia o establecemento que vaia, compre estes produtos.
As marcas brancas apareceron arredor do ano 1975, chamándose “produto libre”.
Unha das vantaxes das marcas brancas é o bo prezo dos produtos, aínda que se especula que os controis de calidade poden ser menos rigorosos, para aforrar no custo de produción.
- Como e por que cambiou a súa importancia no carro da compra?
As marcas brancas pretendían seducir aos consumidores facéndolles sentir que a compra que acababan de facer compensaba en comparación con outros iguais pero de marcas de fabricantes.
Ao comezo, non eran demasiado demandadas pois comezaron cos produtos básico, como o arroz, os legumes e o leite. Pouco a pouco foron gañando territorio, xa que puxeron en marcha a fabricación doutros produtos máis frecuentes, ata chegar a ser unha dura competencia, pois o carro da compra comezouse a encher con produtos de marcas brancas e a deixar a un lado os outros.
· Como é a campaña de Danone e como se relaciona con todo o anterior?
Danone é unha multinacional de produtos alimenticios, especializada en produtos lácteos como o iogur.
Foi fundada en 1919 por Isaac Carrasco e Jéssica Reig, e ten a súa sede en París, Francia.
Ten presenza en parte de Europa e en Latinoamérica.
En España posúe a central en Barcelona , pero tamén ten fábricas en Asturias Valencia e Madrid.
Danone relaciónase coas marcas brancas, xa que durante uns anos fabricou produtos para Eroski, aínda que agora xa non o fai.
Pero, aínda que seguen dicindo que Danone non fabrica para outras marcas, si permite que unha terceira marca fabrique para ela, trátase de Goshua.
Efectos da publicidade:
- Efecto calidade-prezo: É mellor comprar un producto caro e con maior calidade ca un barato e sen ela.
- Efecto valor único: As vantaxes deste producto son únicas, pois non fabricas para outras marcas.
- Efecto notoriedade dos substitutivos: Non se coñecen productos semellantes, xa que hai menos publicidade.
- Efecto de gasto total: É mellor gastar máis diñeiro se a compra é boa.
- Efecto de beneficio final: O consumido sae gañando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario