A SOLUCIÓN DA CRISE
Trás ler detidamente o artigo da revista “El Capital”, publicado en setembro de 2009, respondín as seguintes preguntas.
Qué paralelismos pretenden establecer os autores do artigo entre a situación económica de España e estes xogadores?
Os autores do artigo pretenden relacionar a crise económica que esta atravesando España na actualidade coa traxectoria profesional de dous importantes deportistas españois, Rafael Nadal e Pau Gasol.

Tamén se nos aconsella que tomemos exemplo de Rafa Nadal e Pau Gasol. Eles na súa vida encontraron moitos obstáculos que dificultaban a súa carreira deportiva, pero seguiron loitando para intentar xogar sempre o mellor posible.
Isto é o que pasa coa economía española, pois non nos podemos render e temos que seguir loitando para levantar o país e disfrutar dunha economía rentable, como a que tiñamos fai uns anos. Temos que asimilar que lamentándose non se vai conseguir nada.
Cales cres que son as ideas máis importantes que aportan estes xogadores?
Unha é cando Rafa Nadal di que ás veces, cando perde, séntese contento, pois hai que recoñecer que o rival e mellor ca el. Polo que hai que aprender tanto das derrotas como das vitorias para cada día mellorar, tendo como obxectivo chegar a ser o mellor, aínda que neste caso xa o sexa.
A seguinte é cando Pau Gasol di que nun momento de debilidade, traballando máis e tendo unha actitude positiva axúdanos a seguir adiante e a darnos conta de que se queremos algo temos que loitar por el, pois eles non chegarían a ser os mellores do mundo se non se esforzasen cada día para selo.
Na miña opinión creo que estas ideas axudaríannos a vencer a crise económica, pois o traballo, a ambición, a humildade e os desexos de triunfar poden facer que o problema económico xa non exista máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario