EL CIRCO DE LAS MARIPOSAS
Antes de comezar a expoñer a miña opinión, quero dicir que esta curtametraxe é asombrosa xa que nela pódese reflectir tanto as persoas que posúen unha minusvalía igual ou diferente á do protagonista Will, como ás persoas que presumen dunha magnifica saúde.
Na miña opinión, penso que eu igual que a todas as persoas somos parecidas a Will, aínda que non posuamos unha minusvalía coma el, si temos medo a facer cousas que pensamos que non podemos conseguir.
Méndez tamén ten un papel importante, pois el é o único que cree que Will é capaz de valerse por si mesmo. Eu penso que o desprezo e as palabras que Méndez lle mostraba a Will servíronlle para armarse de valor e, pensar por un minuto que el, por ter unha minusvalía, é capaz de facer as mesmas actividades cas demais persoas, aínda que lle custe un pouco máis. Po riso penso que Will se sinteu unha persoa normal, cando se deu conta de que podía nadar sen correr o menor risco e sen que ninguén o axudara.
Pero non todos na realidade ven as cousas como Méndez, tamén hai persoas que cren que alguén por ter unha minusvalía son inferiores a eles, polo que os tratan desta maneira. Na curtametraxe este feito reflíctese a través do neno que lle tira tomates a Will.
Nesta historia creo que a mensaxe que quere transmitir é: TODOS SOMOS IGUAIS, SEXAMOS COMO SEXAMOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario