sábado, 8 de enero de 2011


A ÚLTIMA LECCIÓN

  • Randy Pousch

Randolph Frederick Pausch  foi un profesor de enxeñería informática, de interacción home-máquina e de deseño na Universidade Carnegie Mellon. Tamén foi autor de numerosos libros, conseguindo a fama polo seu traballo “The Last Lecture”. Este traballo trata das chamadas “ últimas conferencias”, nas que se propón ao poñente que expoña o ser testamento intelectual.

A Randy  Pausch diagnosticóuselle un cancro de páncreas. Comezou un tratamento moi duro que incluía cirurxía e quimioterapia experimental, pero os médicos dixéronlle que o cancro avanzara ata o fígado e o bazo, polo que se trataba dun cancro terminal.

Aínda que intentou detelo de diferentes métodos, a súa morte foi algo inevitable.
 
  • Opinión personal

Antes de comezar a expoñer a miña opinión, gustaríame dicir que este home goza dunha gran valentía, xa que sabendo que nuns meses vai morrer, ten o valor de facer conferencias polo mundo.

Como di Randy no vídeo, é importante perseguir os soños dun, mentres poidamos, e saber como conseguilos; xa que a partir da actitude que teñamos ante os demais os soños virán sós. Tamén creo que é importante a aprobación dos pais para facer cousas que, aínda que parezan unha loucura, axúdannos a madurar e a procurar os nosos soños.

Unha das cousas que máis me impactou do vídeo foi cando el explica que a conferencia non é para as catrocentas persoas que o están vendo, se non para os seus fillos para  que cando medren vexan como seu pai loitou ata o último momento.         



No hay comentarios:

Publicar un comentario