lunes, 31 de enero de 2011

OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

A obsolescencia programada ou planificada é a determinación, planificación ou programación do final da vida útil dun produto ou servizo de modo que este se volva obsoleto ou inservible tras un período de tempo calculado de antemán, polo fabricante ou a empresa de servizos que se encargou do deseño deste produto.

A obsolescencia planificada ten un potencial considerable para beneficiar ao fabricante dado que o produto vai fallar nalgún momento, obrigando ao consumidor a comprar outro novamente, xa sexa do mesmo produtor ou dun competidor, factor decisivo que tamén se prevé no proceso de obsolescencia programada.

En 1920 e 1930 foi o momento no que se desenrolou por primeira vez a obsolescencia programada, momento no cal a produción en masa empeza a forxar novos modelos de mercado que exalta a importancia dun análise detallado de cada parte do mesmo para lograr o seu éxito.

O emprego da obsolescencia programada non sempre é tan sinxelo de determinar, e pódese complicar, pois debido a constante competencia tecnolóxica ou a sobrecarga de funcións que poden expandir as posibilidades de uso de produtos. En cuestións tamén pode facelo fracasar rotundamente.
  
Outro tipo de obsolescencia é aquela que se volve obsoleto a un ben de consumo porque deixou de estar de moda. Algúns exemplos son: os monitores planos que reemplazan aos estándares, ou as cores, formas e materiais da roupa que falan sobre a temporada na que foron adquiridos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario