O CONTO DA VACA
Este conto aconséllanos que acabemos coas nosas vacas para poder mellorar a nosa vida.
Nel móstranos como un mestre lle ensina ao seu discípulo porque as persoas están atadas a unha vida de mediocridade e non logran superar os obstáculos que lles impiden triunfar.

Cando ambos se ían ir, o mestre colleu unha corda e matou a vaca.
Tras un ano, regresaron e en vez de ver a casa en ruína, viron unha casa gran casa que parecía de xente adiñeirada.
O discípulo asombrado petou a porta da casa para preguntar onde ían os donos da casa anterior. Cando lle abriron decatouse de que eran os mesmos. O dono contoulle que trás ver a súa vaca morta, comezou a cultivar verduras na horta que tiña detrás da casa, pois dalgún modo tiñan que vivir, e cando estas medraron vendeunas, o que lle permitiu ter unha mellor vida.
Eu creo que a moralexa deste conto é que deixemos as nosas vacas atrás , e dicir, as nosas xustificacións, as nosas escusas, etc, pois estas só fan que a nosa vida non progrese e sempre estea atascada no mesmo punto.
Xa que aínda que haxa xente que non o admita, todos temos vacas aínda que só sexa unha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario